A idea de PLE (Personal Learning Environment) comeza a desenvolverse no ano 2001 coma unha contorna de aprendizaxe centrado no alumn@ e como evolución da contorna virtual de aprendizaxe. Dende esa data ata a actualidade, o concepto foi evolucionando e o desenvolvemento desa evolución amósanos un novo xeito de concebir o coñecemento coma un proceso colectivo e aberto.
O PLE axúdanos a entender como aprendemos as persoas usando eficicientemente as tecnoloxías que temos a disposición. Segundo Adell e Castañeda, PLE é “o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexión, e actividades que cada persoa utiliza de xeito asiduo para aprender”, é dicir, unha nova forma de aprender na rede, un novo concepto de aprendizaxe.
Trátase dun proxecto formativo máis centrado no aprendizaxe informal e baseado nunha concepción conectivista do mesmo. Surxe da necesidade do individuo de estar permanentemente actualizado e é o propio usuario quen elixe os seus obxectivos, contidos, ferramentas, fontes, etc.. (qué desexamos aprender, cómo e de qué fontes) e tamén eleximos os medios (redes) que nos permitirán establecer relacións (PNL_Personal Networking Learning) que fomenten a nosa aprendizaxe. Esta elección esixe certa madurez e experiencia na toma de decisións e no uso dos medios tecnolóxicos pero ao mesmo tempo ofrécenos múltiples posibilidades para o desenvolvemento persoal e profesional utilizando tódolos recursos dispoñibles na rede e potenciando o coñecemento global e a aprendizaxe social.
PLE Eva Varela
Este é meu PLE, a continuación describo as categorías creadas, así como a organización das ferramentas e a súa tipoloxía.PLE Eva Varela |
Estructureino en catro categorías xerais:
- Buscar información,inspiración,ideas…
- Filtrar e organizar
- Crear
- Comunicar, compartir e colaborar
-
Categorías PLE |
Gustaríame destacar a idea de que o PLE é unha contorna en constante evolución, non só no que se refire á selección dos obxectivos, contidos e tarefas, senon tamén no relativo a incorporación e descarte de ferramentas, fontes de información, redes, etc.. Persoalmente sufrín esta evolución respecto do meu ao longo do posgrado, xa que incorporei novas ferramentas que descoñecía e algunas das que coñecía variei o seu uso, frecuencia, etc.. Por isto, eu creo que partimos dun PLE inicial ou Alfa, cara unha versión final ou Beta con respecto a uns obxectivos pero sempre estará en construcción ao longo da nosa vida.
Construindo a aprendizaxe
Ao longo destes meses coñecín novas
ferramentas como Tagxedo, Goo.gl, Feedly
e en outras xa coñecidas profundicei nas mesmas, dandolles novos usos. Este foi
o caso por exemplo de Twitter, pois o utilizaba fundamentalmente para a busca
de información e agora o utilizo cunha dimensión máis social. About.me e Diigo,
son tamén ferramentas que coñecía, pero sen profundizar nelas.
Opinión Persoal
Considero este xeito de construir coñecemento moi enriquecedor e cheo de posibilidades xa que se converte nun proxecto persoal, flexible, autónomo, creativo e estimulante que facilita a aprendizaxe en rede e de maneira continuada.
Movémonos nun mundo onde a información se multiplica en diferentes espazos e formatos por acción da tecnoloxía, onde calquera persoa pode ser creadora e proveedora de información e onde o coñecemento avanza a velocidade vertixinosa, polo que definir, coñecer, manexar e enriquecer o PLE supón unha estratexia necesaria para aprender eficientemente.
As tecnoloxías propician un novo espazo que favorece e responde ás necesidades formativas e profesionais da cidadanía. Dende esta perspectiva, os procesos educativos e profesionais redefínense propiciando un novo cambio de paradigma que ofrece novas oportunidades de aprendizaxe que ensinen a solucionar novos problemas e múltiples posibilidades enriquecedoras do mesmo.
Para saber máis sobre o concepto de PLE…
- Castañeda, L. e Adell, J. (2013). “La anatomía de los PLEs”. En L. Castañeda e J. Adell (Eds.). Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en red (pp. 11-28). Alcoy: Marfil. Ebook baixo licenza Creative Commons web de descarga
- Entrada PLE na escola do Blogue Canal TIC.com
- Video Conectivismo
- Software Social para implementar o noso PLE de xeito dixital
No hay comentarios:
Publicar un comentario