Nesta última fase do Posgrao fixemos un percorrido polo marco instrumental da Orientación Laboral traballando os seguintes temas:
- A intermediacion laboral
- Os itinerararios Persoalizados de Inserción (IPIs)
- Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisión
- A análise dos perfís profesionais e a prospección de emprego
- As técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
- A elaboración do Plan de Empresa
#1. Intermediación Laboral
Os conceptos abordados neste tema foron os modelos metodolóxicos de intervención, elementos base da metodoloxía, principios da Orientación, accións a realizar e atención á diversidade.
En relación aos modelos metodolóxicos de intervención na Orientación Laboral destacar quedeben ser ferramentas flexibles e a elección dos mesmos debe realizarse tendo en conta as persoas e colectivos a atender, o tipo de actuación planificada e os obxectivos e fins das mesmas.
Os modelos tratados foron os seguintes:1. Modelo Didáctico
Parte dunha visión do proceso orientador como guía onde o profesional aconsella en función das características da persoa e do seu ámbito e actúa como axuda nos pasos que as persoas deben dar. Este modelo esixe usuari@s activ@s e responsables.
2. Modelo de Asesoramento “Counselling”
Fai referencia a cómo dar resposta a problemas diversos e se intenta axudar ás persoas a planificar o seu papel na vida, permitindolle tomar e responsabilizarse de decisión e mellorando en xeral as súas capacidades. Os/as profesionais acompañan e asesoran ás persoas interesadas a atopar emprego. Os/as beneficiarios/as deste modelo non requiren de guía senon dunha persoa experta que os asesore para poder acceder ao mercado de traballo.
3. Modelo centrado nos recursos
A orientación centrase nun proceso facilitador para a emerxencia dos recursos das persoas usuarias traballando metas a curto prazo.
Os tres modelos deben ser guías flexibles que se adapten ás persoas usuarias e aos obxectivos do proceso orientador.
No tocante as metodoloxías de intervención debemos ter en conta catro elementos:
- A entrevista como técnica básica da intervención individual
- Un sistema facilitador da inserción
- Unha estratexia xeral de intervención coas persoas centrada nos recursos da "persoa usuaria"
- Baseada en itinerarios (plan persoal de emprego)
Os principios que deben guiarnos son:
- Individualización
- Flexibilidade
- Desenvolvemento/busca da autonomía
As accións a desenvolver poden ser individuais ou grupais e dentro destas últimas destacar a importancia dos talleres de recursos persoais e os talleres da busca de emprego.
Importantísimo e fundamental ter presente a atención á diversidade en prol da igualdade e inclusión social. Debemos traballar para eliminar os prexuízos e estereotipos sobre estes colectivos vulnerables e reforzar o positivo.
#2. Itinerarios Persoalizados de Inserción Laboral
En qué consisten?
En qué consisten?
Nunha diagnose persoalizada para realizar unha intervención orientadora a través de actividades individuais e grupais e sempre dende a supervisión ou avaliación continua do proceso.
Cal é o seu obxectivo?
Potenciar a empregabilidade e autonomía da persoa demandante de emprego.
Etapas IPI
#3. Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións
Neste bloque introducimonos de cheo na entrevista: tipos, estructura, desenvolvemento, fases, aspectos a ter en conta positivos e a evitar, etc..
#4. Análise dos perfís profesionais e prospección de emprego
O coñecemento e análise dos perfís profesionais é unha parte fundamental da labor do orientador@ laboral pero ademáis a realidade vertixinosa e trepidante na que estamos inmers@s esixe tamén que estemos ao tanto de novas tendencias e profesións emerxentes.
Outro punto clave deste tema foi o concepto de “Prospección de emprego” que podemos definir como a “promoción de accións de difusión e sensibilización na contorna social e laboral para fomentar:
- Oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción
- Coñecemento por parte do empresariado dos recursos humanos dispoñible
O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que a persoa demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispor dos recursos teórico prácticos básicos para fomentar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.
Como ferramentas tradicionais destacar o Curriculo e a Carta de presentación e como ferramentas máis innovadoras o videocurriculum e outras ferramentas propias da web 2.0 (portfolios, infografías, blogues, etc..)
Como exemplo de Curriculo Creativo podemos ver o seguinte:
#6. O Plan de Empresa
Un plan de empresa é a plasmación de xeito escrito e ordeado da nosa idea. A escritura permítenos realizar unha reflexión sobre a nosa idea inicial e axustando o proxecto para reducir ao máximo os riscos.
Para poder realizar o noso profundizamos nos conceptos de:
- Análise financieira
- Análise económica
- Estudo de mercado
- Análise DAFO
- Mercadotecnia
- Segmentación de mercado e a estratexia
- Previsión de vendas
Cada grupo debía elaborar o seu establecendo as seguintes fases:
- Introducción
- Estudo de mercado
- Plan comercial
- Plan de organización e recursos humanos
- Aspectos legais
- Estudo económico financieiro
- Conclusións (viabilidade)
- Resumo
- Anexos
En definitiva, como reflexión persoal, penso que tódalas temáticas tratadas son de interese para a/o profesional da Orientación Laboral. As dos primeiros temas, por que nos proporcionan a metodoloxía e ferramentas valiosas para construir as nosas intervencións e accións diarias. O plan de empresa, o vexo útil para o asesoramento a demandantes sobre as fases que deben contemplar, aínda que no meu caso, me costa ir máis alá.
Como dificultades, por unha banda creo que non ter un marco de intervención e protocolos de intervención unificados e claros dende a Orientación Laboral, dificulta moito a labor profesional ao deixar os criterios á elección das persoas en detrimento dos recursos e das persoas destinatarias finais.
Para saber máis...
Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
ResponderEliminar