viernes, 17 de julio de 2015

Nube de intereses de Silvia Martinez Menendez

Estas son as miñas principais áreas de interese:

Os meus intereses profesionais encádranse dentro do ámbito da empresa, e mais concretamente nos departamentos de Recursos Humáns.

Como profesionais, xestionamos o activo máis importante  dentro de calquera organización. Da sua correcta funcionalidade e do seu rendemento, depende o capacidade e potencia da empresa para competir nun entorno global como no que nos atopamos. 

Por iso, os profesionais que configuran estos departamentos debemos ser “un pouco expertos" en tódolos ámbitos tocantes ás relacións da estructura organizacional coas persoas que conforman a organización, facendo que a relación entre ambos elementos sexa o mais positiva posible, creando espazos de traballo abertos, comunicativos, funcionais e eficientes.

Podemos afirmar que a función de xestión é solo unha das moitas ramas da nosa especialidade: Orientación laboral, prevención de riscos, formación, dirección estratéxica, dirección de equipos, coaching, motivación e liderazgo, son solo algúns dos moitos campos que un bo profesional da nosa área debe cubrir.

Por iso, a miña nube de intereses abrangue un vocabulario tan amplo e un pouco xenérico.
O éxito das organizacións, a sua permanenza no mercado e os seus beneficios, dependen de que aquelas persoas que integran o equipo teñan una visión de conxunto, de pertenza e identificación coa propia organización, e obxectivos compatibles cos da organización, para garantir o éxito de esta no mercado.


É precisamente esta última idea de equipo, de intereses compatibles entre persoas e organización, a que inspira a forma de nube: Unha nube non é mais que a unión de milleiros de gotiñas, agrupadas nun espazo, e cunha dirección común. Pese  a sua apariencia esponxosa a primeira vista, case invisibel de preto, resalta a centos de quilometros, cubrindo terras e ceos.


Accede a mi perfil en Twitter


Un exemplo de motivación que pódese aplicar, e non só a comerciais, da man dos nosos cineastas, e que de seguro coñecemos todos: 

No hay comentarios: