Mostrando entradas con la etiqueta entrevista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entrevista. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de noviembre de 2015

REFLEXIÓN MÓDUO 3. MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL




´MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL


Dende finais de Septembro ata o día 24 de Octubro, vemos desenvolvendo una nova temática no eido da orientación laboral cos nosos docentes Fernando L. Agulló, Mª Teresa Deus, e Carlos Parada.

Os temas a tratar encadraronse dentro do título de Marco Instrumental da orientación Laboral. Neste marco falamos das ferramentas e instrumentos, practicas e coñecementos cos que como profesionais contamos para levar a cabo a tarefa de orientación laboral.

Durante as distintas clases falamos sobre: Intermediación laboral, itinerarios de inserción, procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisión, perfís profesionais e prospección de emprego, técnicas e ferramentas de acceso o emprego e autoemprego e elaboración dun plan de empresa.


INTERMEDIACIÓN E ITINERARIOS DE INSERCIÓN:

Cubrimos os aspectos relacionados coa intermediación laboral e itinerarios de inserción. Esta foi, dende a miña traxectoria profesional, una materia novidosa e interesante:

Introducímonos na definición e características do itinerario de Inserción: proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios.
Sinalouse a súa crecente necesidade na sociedade actual, caracterizada por un cada vez mais rápido cambio nos mercados de bens, traballo, nos avances tecnolóxicos e científicos, etc. Desmenuzamos as súas características e as partes nas que se compoñe (Acollida, Orientación, Formación, Formación en contexto laboral, Intermediación, Ocupación/Emprego e Peche) analizando cada una delas.

Aprendin sobre os modelos de intervención, ferramentas flexibles e que deben empregarse de xeito complementario e combinado mesmo, en función das características dos individuos ou colectivos , do tipo de actuación, e dos obxetivos propostos. Falamos de modelos de intervención como o Modelo Didáctico, o de Asesoramento, e o Centrado nos recursos, así como as características común nos modelos no marco da UE.

Remarcouse a ausencia dun marco académico determinado dos orientadores: Os profesionais que acceden a este labor fanno dende una perspectiva mais autónoma e vocacional, provintes de diversos contextos formativos… pero con pautas e metodoloxías de traballo determinadas. Aquí destacouse a idea de ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA.

Falounos tamén  dos principios que rixen o proceso de orientación: Individualización, flexibilidade, e desenvolvemento da autonomía, e das acción que se deben levar a cabo en relación con cada un destes principios.

Por último creo que outra idea clave deste tema foi a de atención a diversidade, é dicir, ser conscientes das dificultades e matices cos que parten certos colectivos de persoas.



PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDA NA TOMA DE DECISIÓNS:

Aquí falamos principalmente da entrevista. No ámbito profesional da Orientación é un instrumento que se emprega con obxectivos de asesoramento por unha banda, e por outra como medio de selección de persoal.

Permite avaliar ó entrevistador ata que punto unha persoa é válida para un posto: se SABE, se PODE ou se QUERE realizar as tarefas dun posto, e o entrevistado demostrar que PODE, SABE e QUERE desenvolver as tarefas do posto ofrecido.



ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO:
  • Durante esta sesión tivemos una primeira parte da sesión teórica:

Os principais aspectos relacionados con este tema son: O análise de postos de traballo, os novos perfís profesionais, e a prospección empresarial:

 O Análise de postos de traballo Componse de información como o coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha delas.
Esta información facilita que os orientados adquiran una definición o máis exhaustiva posible das ocupacións -posible obxectivo profesional-, así como dos perfís competenciais asociados a cada una. A procura de información favorece a interacción entre o contexto laboral permitindo á persoa ampliar o coñecemento sobre as demandas do mercado laboral, e as posibilidades de ocupación. Tamén facilita a capacidade de análise, unha das competencias transversais máis destacadas.
O resultado desta análise de postos pode ser de gran utilidade para elaborar a ferramenta fundamental no proceso de inserción, como é o currículo vitae, a carta de presentación e/ou motivación, ou mesmo para preparar unha entrevista de traballo.

Ademais, deberemos ter en conta os novos perfís profesionais fruto dos cambios que se producen no dia a día da nosa realidade, e os catálogos de novas profesions.
O termo “Prospección empresarial" poderíamos definilo como“Acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresariado sobre o colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social.”

É una ferramenta básica que beneficia tanto a entidades como empresas, que consta de diversas fases:
FASE PREPARATORIA: tendo en conta a finalidade do proceso de prospección e a análise da contorna.


FASE DE PLANIFICACIÓN: fase moi completa, que consta da identificación das empresas obxecto de prospección, Identificación de variables e indicadores, e elaboración de soportes de traballo.


FASE DE TRABALLO DE CAMPO: contacto coas empresas- .

FASE DE AVALIACIÓN E SEGUIMENTO: coa depuración, grabación, análise dos datos e a interpretación de resultados e seguimento periódico de actuacións-.

Entre as fontes de información para a prospección, dentro da rede temos sitios como a Entidade Estatal de Solo (www.sepes.es), o Solo industrial en Galicia (solo industrial en galicia), Instituto Galego da Vivenda e Solo instituto galego da vivenda; Solo Empresarial do Atlántico Xestur Galicia. Xestión de Solo Urbano


    En canto o desenvolvemento práctico da sesión, fixemos a fase preparatoria dun proceso de prospección empresarial, definindo os obxetivos e fins primordiais do proceso, determinando o colectivo afectado, e planificando a grandes rasgos os temas a tratar durante a entrevista coa empresa.


TECNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO O AUTOEMPREGO:

O desenrrolo desta sesión foi a través da asistencia ó relatorios dunha mesa de emprendemento, na que tivemos como poñentes a representantes de organizacións de cooperativas, como rede eusumo, axentes sociais -como o A.J.E, e o IGAPE-e representantes de empresas de distinta índole que han iniciado un camiño de emprendemento nos últimos tempo con un notable éxito. Cubrimos así as distintas orientacións que pode tomar un proxecto de emprendemento, tanto en formas xurídicas tradicionais, como a través do cooperativismo.
ver video
Mención destacada pola miña profesión considero que debo facer a una empresa, cuia representante Maria Hermo, fixo una maagnífica presentación do seu proxecto Galejobs.
ver video

GALEJOBS


A ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA:

Durante esta sesión continuamos o desenvolvemento do P.E, que iniciamos con Fernando Agulló durante o primeiro módulo, centrándonos nos aspectos da análise financieira e a análise económica.


MÓDULO TRANSVERSAL: COMPETENCIAS DIXITAIS:

O percorrido destas sesión entre mezclouse co desenvolvemento das competencias dixitais, que nesta ocasión centrouse nun exercicio de dinamización constante nun espacio social determinado, en equipos. No meu caso, o espacio a dinamizar foi Twitter.
Durante tres semanas, e previo calendario establecido, dinamizamos o espazo twitter con diferentes temáticas de interese

Día de cada tarefa por persoa (mes de outubro) Berta Clara Silvia Eva Marcos Ángeles Ana Ramón Míriam María
Eventos 5 6 7 8 9 13 14 15 16 19
Novas sobre emprego 20 21 22 23 5 6 7 8 9 13
Estudos 14 15 16 19 20 21 22 23 5 6
Modelos de negocio e emprendemento 7 8 9 13 14 15 16 19 20 21
Casos de éxito e de fracaso 22 23 5 6 7 8 9 13 14 15
Axudas 16 19 20 21 22 23 5 6 7 8
Comunidades e espazos de interese 9 13 14 15 16 19 20 21 22 23

 e elaboramos una serie de listas relacionados con asociación galegas, organismos estatais, profesionais de interese, emprendemento, noticias de economía e noticias de traballo.

Para rematar, dicir que foi un módulo moi intenso en relación contidos- tempo, pero cheo de información interesante e útil.

viernes, 30 de octubre de 2015

Reflexión individual Marco Instrumental da Orientación Laboral_ Eva Varela Leiras


Nesta última fase do Posgrao fixemos un percorrido polo marco instrumental da Orientación Laboral traballando os seguintes temas:

  • A intermediacion laboral
  • Os itinerararios Persoalizados de Inserción (IPIs)
  • Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisión
  • A análise dos perfís profesionais e a prospección de emprego
  • As  técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
  • A elaboración do Plan de Empresa



#1. Intermediación Laboral

Os conceptos abordados neste tema foron os modelos metodolóxicos de intervención, elementos base da metodoloxía, principios da Orientación, accións a realizar e atención á diversidade.
En relación aos modelos metodolóxicos de intervención na Orientación Laboral destacar quedeben ser ferramentas flexibles e a elección dos mesmos debe realizarse tendo en conta as persoas e colectivos a atender, o tipo de actuación planificada e os obxectivos e fins das mesmas.
Os modelos tratados foron os seguintes:

1. Modelo Didáctico

Parte dunha visión do proceso orientador como guía onde o profesional aconsella en función das características da persoa e do seu ámbito e actúa como axuda nos pasos que as persoas deben dar. Este modelo esixe usuari@s activ@s e responsables.

2. Modelo de Asesoramento “Counselling”

Fai referencia a cómo dar resposta a problemas diversos e se intenta axudar ás persoas a planificar o seu papel na vida, permitindolle tomar e responsabilizarse de decisión e mellorando en xeral as súas capacidades. Os/as profesionais acompañan e asesoran ás persoas interesadas a atopar emprego. Os/as beneficiarios/as deste modelo non requiren de guía senon dunha persoa experta que os asesore para poder acceder ao mercado de traballo.

3. Modelo centrado nos recursos
A orientación centrase nun proceso facilitador para a emerxencia dos recursos das persoas usuarias traballando metas a curto prazo.
Os tres modelos deben ser guías flexibles que se adapten ás persoas usuarias e aos obxectivos do proceso orientador.

No tocante as metodoloxías de intervención debemos ter en conta catro elementos:
  1. entrevista como técnica básica da intervención individual
  2. Un sistema facilitador da inserción
  3. Unha estratexia xeral de intervención coas persoas centrada nos recursos da "persoa usuaria"
  4.  Baseada en itinerarios (plan persoal de emprego)
Os principios que deben guiarnos son:
  • Individualización
  • Flexibilidade
  • Desenvolvemento/busca da autonomía
As accións a desenvolver poden ser individuais ou grupais e dentro destas últimas destacar a importancia dos talleres de recursos persoais e os talleres da busca de emprego. 
Importantísimo e fundamental ter presente a atención á diversidade en prol da igualdade e inclusión social. Debemos traballar para eliminar os prexuízos e estereotipos sobre estes colectivos vulnerables e reforzar o positivo.

#2. Itinerarios Persoalizados de Inserción Laboral
En qué consisten?
Nunha diagnose persoalizada para realizar unha intervención orientadora a través de actividades individuais e grupais e sempre dende a supervisión ou avaliación continua do proceso. 

Cal é o seu obxectivo?
Potenciar a
empregabilidade e autonomía da persoa demandante de emprego.


Etapas IPI



#3. Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións

Neste bloque introducimonos de cheo na entrevista: tipos, estructura, desenvolvemento, fases, aspectos a ter en conta positivos e a evitar, etc..



Aquí van uns consellos de Elsa Punset sobre a importancia de cuidar a nosa linguaxe non verbal. 




#4. Análise dos perfís pr
ofesionais e prospección de emprego
O coñecemento e análise dos perfís profesionais é unha parte fundamental da labor do orientador@ laboral pero ademáis a realidade vertixinosa e trepidante na que estamos inmers@s esixe tamén que estemos ao tanto de novas tendencias e profesións emerxentes. 
Outro punto clave deste tema foi o concepto de “Prospección de emprego” que podemos definir como a “promoción de accións de difusión e sensibilización na contorna social e laboral para fomentar: 

  • Oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción
  • Coñecemento por parte do empresariado dos recursos humanos dispoñible



#5. Técnicas e Ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que a persoa demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispor dos recursos teórico prácticos básicos para fomentar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.



Como ferramentas tradicionais destacar o Curriculo  e a Carta de presentación e como ferramentas máis innovadoras o videocurriculum e outras ferramentas propias da web 2.0 (portfolios, infografías, blogues, etc..)
Como exemplo de Curriculo Creativo podemos ver o seguinte:





#6. O Plan de Empresa
Un plan de empresa é a plasmación de xeito escrito e ordeado da nosa idea. A escritura permítenos realizar unha reflexión sobre a nosa idea inicial e axustando o proxecto para reducir ao máximo os riscos.
Para poder realizar o noso profundizamos nos conceptos de: 
  • Análise financieira
  • Análise económica
  • Estudo de mercado
  • Análise DAFO
  • Mercadotecnia
  • Segmentación de mercado e a estratexia
  • Previsión de vendas
Cada grupo debía elaborar o seu establecendo as seguintes fases: 
  1. Introducción
  2. Estudo de mercado
  3. Plan comercial
  4. Plan de organización e recursos humanos
  5. Aspectos legais
  6. Estudo económico financieiro
  7. Conclusións (viabilidade)
  8. Resumo
  9. Anexos
En definitiva, como reflexión persoal, penso que tódalas temáticas tratadas son de interese para a/o profesional da Orientación Laboral. As dos primeiros temas, por que nos proporcionan a metodoloxía e ferramentas valiosas para construir as nosas intervencións e accións diarias. O plan de empresa, o vexo útil para o asesoramento a demandantes sobre as fases que deben contemplar, aínda que no meu caso, me costa ir máis alá. 
Como dificultades, por unha banda creo que non ter un marco de intervención e protocolos de intervención unificados e claros dende a Orientación Laboral, dificulta moito a labor profesional ao deixar os criterios á elección das persoas en detrimento dos recursos e das persoas destinatarias finais.


Para saber máis...