viernes, 30 de octubre de 2015

Reflexión individual Marco Instrumental da Orientación Laboral_ Eva Varela Leiras


Nesta última fase do Posgrao fixemos un percorrido polo marco instrumental da Orientación Laboral traballando os seguintes temas:

  • A intermediacion laboral
  • Os itinerararios Persoalizados de Inserción (IPIs)
  • Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisión
  • A análise dos perfís profesionais e a prospección de emprego
  • As  técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
  • A elaboración do Plan de Empresa



#1. Intermediación Laboral

Os conceptos abordados neste tema foron os modelos metodolóxicos de intervención, elementos base da metodoloxía, principios da Orientación, accións a realizar e atención á diversidade.
En relación aos modelos metodolóxicos de intervención na Orientación Laboral destacar quedeben ser ferramentas flexibles e a elección dos mesmos debe realizarse tendo en conta as persoas e colectivos a atender, o tipo de actuación planificada e os obxectivos e fins das mesmas.
Os modelos tratados foron os seguintes:

1. Modelo Didáctico

Parte dunha visión do proceso orientador como guía onde o profesional aconsella en función das características da persoa e do seu ámbito e actúa como axuda nos pasos que as persoas deben dar. Este modelo esixe usuari@s activ@s e responsables.

2. Modelo de Asesoramento “Counselling”

Fai referencia a cómo dar resposta a problemas diversos e se intenta axudar ás persoas a planificar o seu papel na vida, permitindolle tomar e responsabilizarse de decisión e mellorando en xeral as súas capacidades. Os/as profesionais acompañan e asesoran ás persoas interesadas a atopar emprego. Os/as beneficiarios/as deste modelo non requiren de guía senon dunha persoa experta que os asesore para poder acceder ao mercado de traballo.

3. Modelo centrado nos recursos
A orientación centrase nun proceso facilitador para a emerxencia dos recursos das persoas usuarias traballando metas a curto prazo.
Os tres modelos deben ser guías flexibles que se adapten ás persoas usuarias e aos obxectivos do proceso orientador.

No tocante as metodoloxías de intervención debemos ter en conta catro elementos:
  1. entrevista como técnica básica da intervención individual
  2. Un sistema facilitador da inserción
  3. Unha estratexia xeral de intervención coas persoas centrada nos recursos da "persoa usuaria"
  4.  Baseada en itinerarios (plan persoal de emprego)
Os principios que deben guiarnos son:
  • Individualización
  • Flexibilidade
  • Desenvolvemento/busca da autonomía
As accións a desenvolver poden ser individuais ou grupais e dentro destas últimas destacar a importancia dos talleres de recursos persoais e os talleres da busca de emprego. 
Importantísimo e fundamental ter presente a atención á diversidade en prol da igualdade e inclusión social. Debemos traballar para eliminar os prexuízos e estereotipos sobre estes colectivos vulnerables e reforzar o positivo.

#2. Itinerarios Persoalizados de Inserción Laboral
En qué consisten?
Nunha diagnose persoalizada para realizar unha intervención orientadora a través de actividades individuais e grupais e sempre dende a supervisión ou avaliación continua do proceso. 

Cal é o seu obxectivo?
Potenciar a
empregabilidade e autonomía da persoa demandante de emprego.


Etapas IPI



#3. Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións

Neste bloque introducimonos de cheo na entrevista: tipos, estructura, desenvolvemento, fases, aspectos a ter en conta positivos e a evitar, etc..



Aquí van uns consellos de Elsa Punset sobre a importancia de cuidar a nosa linguaxe non verbal. 




#4. Análise dos perfís pr
ofesionais e prospección de emprego
O coñecemento e análise dos perfís profesionais é unha parte fundamental da labor do orientador@ laboral pero ademáis a realidade vertixinosa e trepidante na que estamos inmers@s esixe tamén que estemos ao tanto de novas tendencias e profesións emerxentes. 
Outro punto clave deste tema foi o concepto de “Prospección de emprego” que podemos definir como a “promoción de accións de difusión e sensibilización na contorna social e laboral para fomentar: 

  • Oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción
  • Coñecemento por parte do empresariado dos recursos humanos dispoñible



#5. Técnicas e Ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que a persoa demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispor dos recursos teórico prácticos básicos para fomentar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.



Como ferramentas tradicionais destacar o Curriculo  e a Carta de presentación e como ferramentas máis innovadoras o videocurriculum e outras ferramentas propias da web 2.0 (portfolios, infografías, blogues, etc..)
Como exemplo de Curriculo Creativo podemos ver o seguinte:





#6. O Plan de Empresa
Un plan de empresa é a plasmación de xeito escrito e ordeado da nosa idea. A escritura permítenos realizar unha reflexión sobre a nosa idea inicial e axustando o proxecto para reducir ao máximo os riscos.
Para poder realizar o noso profundizamos nos conceptos de: 
  • Análise financieira
  • Análise económica
  • Estudo de mercado
  • Análise DAFO
  • Mercadotecnia
  • Segmentación de mercado e a estratexia
  • Previsión de vendas
Cada grupo debía elaborar o seu establecendo as seguintes fases: 
  1. Introducción
  2. Estudo de mercado
  3. Plan comercial
  4. Plan de organización e recursos humanos
  5. Aspectos legais
  6. Estudo económico financieiro
  7. Conclusións (viabilidade)
  8. Resumo
  9. Anexos
En definitiva, como reflexión persoal, penso que tódalas temáticas tratadas son de interese para a/o profesional da Orientación Laboral. As dos primeiros temas, por que nos proporcionan a metodoloxía e ferramentas valiosas para construir as nosas intervencións e accións diarias. O plan de empresa, o vexo útil para o asesoramento a demandantes sobre as fases que deben contemplar, aínda que no meu caso, me costa ir máis alá. 
Como dificultades, por unha banda creo que non ter un marco de intervención e protocolos de intervención unificados e claros dende a Orientación Laboral, dificulta moito a labor profesional ao deixar os criterios á elección das persoas en detrimento dos recursos e das persoas destinatarias finais.


Para saber máis...




1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar